Este mes estará dispoñible Dead Rising 2: Case West
mércores, 1 de decembro do 2010
Na pasada edición
do Tokyo Game Show no mes de setembro Capcom anunciou que Frank West, protagonista
da primeira entrega de Dead Rising, estaría
presente na súa secuela a través dun novo capítulo descargable exclusivo
para Xbox 360, no que unirá forzas con Chuck Greene nunha aventura cooperativa
na que indagarán nunhas instalacións de Phenotrans sobre as razóns do estoupido
zombi en Fortune City engadindo detalles do incidente de Willamette. Agora
detallan que este
mes será cando poderemos adquirir o mencionado DLC, Dead Rising 2: Case West, que parece un éxito seguro se
atendemos ao feito de que o anterior capítulo deste tipo (Case Zero) superou a 500.000 copias en 2 semanas, mentres que o
xogo completo superou os 2 millóns de unidades.
- Frank West levará a súa cámara fotográfica neste novo capítulo descargable
Os seguidores desta saga estarán encantados de descubrir que neste novo
capítulo de Dead Rising 2 o carismático
Frank
West levará a súa cámara fotográfica (un dos elementos máis orixinais do
primeiro Dead Rising) e será o
personaxe que controlemos, agás que un amigo queira cooperar manexando a Chuck
Greene para botarnos unha man. En Case
West non faltarán novas armas e ataques combinados, completando un contido
descargable que moitos considerarán imprescindible.
O novo capítulo de Dead Rising 2 en acción
- West e Greene colaborarán na masacre de zombis e nunha investigación sobre a infección