Este mes presentarase o motor gráfico CryENGINE 3

venres, 13 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Crysis Warhead é un impresionante xogo desenvolvido co motor CryENGINE 2

Non parece haber discusión en que os xogos para PC Crysis e a súa secuela Crysis Warhead marcaron o teito no que se refire a gráficos (superando incluso a títulos máis recentes coma Gears of War 2 ou Killzone 2 polo mero feito de que estes últimos están limitados pola potencia de consolas de videoxogos) pero para non quedar presos nos ordenadores e poder ampliar o público dos seus futuros títulos CryTek anunciou o lanzamento do seu novo motor gráfico CryENGINE 3 (durante a GDC Expo deste mes), que sería a primeira plataforma deste tipo en funcionar para Xbox 360, PlayStation 3 e DirectX 9 e 10, que incluso conta cun editor de niveis para facilitar a creación de xogos masivos multiusuario, títulos de acción e outros tipos de xogo.
Con CryENGINE 3 a xente de CryTek está a presentar unha plataforma para a creación de xogos que agradecerán os desenvolvedores, que só deberán centrarse na creatividade, pois o rendemento gráfico sería máis que suficiente para a creación de excelentes xogos.
Só quedará agora agardar a que aparezan xogos alleos a CryTek para ver se de verdade este motor dá tanto como prometen, e podemos ver nas consolas de videoxogos de alta definición uns títulos que comparables aos de PC de configurarse á mesma resolución.

PUBLICIDADE