Este sábado 3 de xuño temos unha kata de Python na Industriosa (Vigo)
xoves, 1 de xuño do 2023
Este
sábado 3 de xuño, en horario de 11.00 a 12.30 horas, imos ter en
Vigo, na sede da Industriosa, unha nova kata de Python.
Trátase novamente dun evento con formato informal, aberto a calquera
persoa que se anime a participar e compartir unha hora e media de
Python, café e/ou té. Inspiradas nos katayunos, dojos
e actividades semellantes, as katas da Industriosa teñen un
metodoloxía de grupos de entre dúas e tres persoas para resolver un
reto de programación, compartir e mellorar as nosas habilidades de
Python.
Nestas
xeiras de traballo proponse resolver un reto durante 90 minutos,
“desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos
enfoques do problema”, explican dende a organización, engadindo
que para abordar os desafíos botarase man de ferramentas como
LeetCode ou Hackerrank.
As
edicións
das katas
anteriores están xa subidas á Rede para ser consultadas por
calquera persoa interesada en participar.
“O
único que necesitamos é acudir co desexo de compartir e aprender.
Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindíbel
instalar Python xa que traballaremos en recursos online”,
engaden dende A Industriosa.
Como
dixemos, a participación é gratuíta. Podemos obter máis
información ou formalizar o rexistro a través de Meetup.
Trátase
dun evento organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python
Vigo e patrocinado por Xunta de Galicia e a Axencia para a
Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Para quen non o saiba,
Python é unha linguaxe de programación amplamente utilizada nas
aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos e
o Machine Learning (ML). Os desenvolvedores utilizan Python
porque é eficiente e doado de aprender, ademais de que se pode
executar en moitas plataformas diferentes.