Este venres comezan en Santiago as segundas xornadas de informática xudicial
mércores, 9 de novembro do 2011

- O CPETIG ten celebrado xa numerosas actividades ligadas á informática xudicial, entre as que se inclúen seminarios como o da imaxe
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa Técnica en Informática de
Galicia organiza, en colaboración coa SecretarÃa Xeral de Modernización, as II Xornadas de
Informática Xudicial e Delitos Informáticos que se desenvolven
en Santiago os dÃas 11 e 12 de novembro. Con estes encontros, que se celebrarán
por segunda vez en Galicia, póñense á disposición do ámbito xudicial e xurÃdico
de Galicia relatorios de expertos que informen da realidade e experiencias en
canto á relación da informática co seu contorno. Asemade, informa o CPETIG,
quérese establecer unha xuntanza periódica que permita reunir e fomentar o
debate entre os diferentes interlocutores do eido xudicial (maxistrados,
xuÃces, avogados, fiscais e peritos).
As xornadas, que terán
lugar no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela), contarán coa
presenza, entre outros, do xuÃz da Audiencia Nacional, Eloy Velasco, ou da
Fiscal Xeral en Criminalidade Informática, Elvira Tejada de la Fuente.
Tipos de delitos informáticos
Perseguir a criminalidade informática no só é
complexo dende o punto de vista operativo, senón tamén dende o marco legal,
dado o extenso catálogo de delitos que hai neste eido. A instrución da FiscalÃa
Xeral do Estado enumera nove delitos en tres categorÃas segundo a importancia
que teña o uso das novas tecnoloxÃas na súa comisión.
Nun primeiro apartado aparecen os delitos de
danos, sabotaxe informático e ataques de denegación. Os delitos de
descubrimento e revelación de segredos cometidos a través de Internet que teñan
por obxecto datos que se atopen rexistrados en ficheiros ou soportes
informáticos electrónicos ou aquelas revelacións que afecten a empresas.
Nun segundo grupo figuran aqueles que se serven
das tecnoloxÃas para perpetrar o delito, e atoparÃamos aquà as estafas que prexudiquen
a un segundo, os delitos de acoso a menores de 13 anos, corrupción de menores
ou pornografÃa infantil e propiedade intelectual. Finalmente atopamos os
delitos do terceiro capÃtulo, nos que se requiren coñecementos informáticos
para a súa comisión. Aquà estarÃan a falsificación documental, as inxurias e
calumnias contra funcionario público, as ameazas e coaccións, a apoloxÃa ou
incitación ao odio e aqueles contra a integridade moral.
Programa
As II
Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos contarán cun
completo programa de relatorios e mesas redondas organizadas en dúas sesións. O
venres 11 de novembro, os relatorios correrán a cargo do Maxistrado e Director
do Servizo de Modernización e Organización Xudicial do Consello Xeral do Poder
Xudicial, JoaquÃn Delgado MartÃn, e da Avogada e Socio Director de Razona
Legaltech, Paloma Llaneza. A xornada completarase cunha mesa redonda titulada: ¿Estamos preparados para dar seguridade xurÃdica
a un mundo xa dixital?
Durante a segunda xornada do ciclo, o sábado
dÃa 12, os relatorios correrán a cargo do xuÃz da Audiencia Nacional, Eloy
Velasco, da Fiscal Xeral en Criminalidade Informática, Elvira Tejada de la Fuente, e do inspector Xefe do grupo de Análise de Software da sección de
Informática Forense da PolicÃa Nacional, Jorge MartÃn GarcÃa. A xornada
completarase cunha mesa redonda titulada: Retos
da xustiza ante a nova realidade informática.
