Este verán porase á venda o orixinal Chumby
luns, 25 de xuño do 2007
Tras un ano de desenvolvemento parece que o pequeno
dispositivo Wi-Fi coñecido coma Chumby poderÃa converterse nunha realidade,
pois os seus promotores anuncian que este verán se porá á venda.
O Chumby é un trebello baseado en Linux
que funciona cun procesador ARM a 350 MHz, inclúe 32 Mb de SDRAM, 64 Mb de Nand
Flash ROM, ten unha pantalla táctil LCD de 3,5 polgadas cunha resolución de 320
x 240 pÃxeles, 2 altofalantes, saÃda de son, micrófono, e conectividade Wi-Fi,
que pretende achegar contidos da Rede mediante pequenas aplicacións ou widgets, de xeito que amosar imaxes,
reproducir música, presentar novas e, en definitiva, ser un xeito diferente e
divertido de ver a Internet.
O dispositivo tanto se pode empregar coma espertador, coma pode reproducir son
e vÃdeo mediante streaming (incorpora
o Flash Lite 3), polo que poderÃa abrir a porta a unha nova serie de
dispositivos chamados a levar a Rede a calquera lugar do fogar. Venderase a
179,95 dólares (133,68 euros) e promete ser totalmente hackeable.