Estiman que DeepSeek pode ter servidores por valor de 1.600 millóns de dólares
martes, 4 de febreiro do 2025
Non hai dúbidas en que DeepSeek está a realizar importantes achegas ao mundo da IA, especialmente ao pór de manifesto a necesidade de apostar pola eficiencia e por colocar sobre a palestra que China pode competir cos EE.UU. neste ámbito.
Pero o xeito de comunicar algúns detalles por parte de DeepSeek distan moito da honestidade, e dende SemiAnalysis realizaron unha estimación dos investimentos reais que está a realizar a compañÃa chinesa deixando claro que os 6 millóns de dólares que aseguran ter investido no adestramento de DeepSeek V3 é unha falsidade, pois só recollerÃa unha pequena parte do custo total.
As estimacións de SemiAnalysis consideran que DeepSeek investiu máis de 500 millóns de dólares en hardware e, postos a afinar apuntan a que o custo dos servidores servidores de DeepSeek estarÃa no contorno dos 1.600 millóns de dólares, aos que haberÃa que sumar uns 944 millóns de dólares en gasto operativos, deixando claro que a compañÃa chinesa está lonxe de ser un pequeno proxecto que sorprende cos seus resultados, constituÃndo unha aposta moi importante pola IA.