Estréase en fase de probas o servizo NBC Direct

luns, 12 de novembro do 2007

Esta fin de semana a NBC estreou a versión en probas do servizo NBC Direct, que permite a descarga dos programas da canle televisiva ata 7 días despois da súa emisión, e que se poderán ver durante un período de 48 horas tralos que deixarán de funcionar grazas á protección DRM de Microsoft, polo que nun principio só están dispoñibles para usuarios de Windows e Internet Explorer.
Este novo servizo iníciase despois de que a NBC abandonase o servizo iTunes para manter un maior control sobre os seus contidos na Internet.

PUBLICIDADE