Estudantes do CIFP A Farixa de Ourense gañan o Premio Nacional á proposta máis orixinal das I Olimpíadas Teleco

mércores, 5 de xullo do 2023 Redacción

O equipo do CIFP A Farixa do 1º curso de Sistemas de Telecomiunicacións e informáticos, resultou gañador do premio nacional á proposta máis orixinal na final da I Olimpíada Teleco celebrada a semana pasada. O equipo está Formado polos alumnos Óscar Gallardo Otero, Álex Gómez Carballido, Paola Virginia Pérez Franco, Damián Cuquejo Fidalgo e Manuel Rodríguez Otero, baixo a coordinación do profesor Ricardo Ameijeiras Vázquez.
A I Olimpiada Nacional de Telecomunicaciones: Resolviendo retos de la sociedad, celebrou o pasado mércores 28 de xuño o acto de entrega de premios en formato en liña. Representantes do xurado destacaron a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos e salientaron o éxito desta primeira convocatoria dun evento que se propón estimular o interese científico e tecnolóxico entre o alumnado, dar a coñecer o mundo da enxeñeira, fomentar o coñecemento dos campos da vida nos que están presentes as telecomunicación e como estas nos axudan no noso día a día.
O innovador proxecto dos estudantes, titulado Sensorización de tanques de tormentas e colectores previos, alzouse entre os gañadores do evento logo de se ter clasificado na final galega o pasado 26 de maio. Este proxecto, desenvolvido no marco do módulo de Sistemas Informáticos e Redes Locais (SIRL), demostrou a integración eficaz das telecomunicacións na consecución do obxectivo de desenvolvemento sostible 11 da axenda 2030.
O traballo do alumnado foi desenvolvido con dúas placas ESP-32 derivadas de Arduino, as cales encargáronse de emitir e recibir datos. O sistema permite medir o volume de auga en tanques de tormentas e os seus colectores previos, enviando esta información a un receptor no centro de bombeo da cidade. Esta solución innovadora facilita un control preventivo eficaz fronte a posibles inundacións ou fenómenos meteorolóxicos adversos como os que aconteceron estas pasados semanas na mesma cidade de Ourense e outras cidades do estado.
Os obxectivos do proxecto estaban aliñados coas metas do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11, incluíndo a protección do patrimonio cultural e natural, a redución do risco de inundacións, a minimización de perdas económicas e a mellora na xestión de residuos municipais.
A vitoria neste evento é un fito importante para o CIFP A Farixa e demostra, segundo José Manuel Paredes, director do centro “a calidade da educación e a formación que se imparte no centro, cunha comunidade educativa implicada na transmisión de coñecemento entre o sistema escolar e a contorna, a innovación e a integración do alumnado en proxectos profesionais destacando que comunidade educativa do CIFP A Farixa gábase deste logro e felicita aos estudantes e os seus titoras pola súa dedicación e duro traballo.