Estudantes do IES Valadares de Vigo crean o que sería o primeiro libro educativo de España ilustrado con IA
venres, 16 de xuño do 2023
Un grupo de estudantes do IES Valadares de Vigo de 3º da ESO elaborou o que sería, nas súas palabras, “o primeiro libro libro educativo de España ilustrado con Intelixencia Artificial”. A obra Máscaras Literarias: Temas Universales é unha escolma de relatos (sete en total) cuxa vertente gráfica foi realizada coa axuda das tecnoloxías intelixentes. Presentarase o vindeiro luns 19 de xuño na biblioteca do centro educativo vigués.
O desenvolvemento
Durante
este curso académico, os novos talentos literarios uniron forzas,
desde a materia de Lingua Castelá, para elaborar Máscaras
Literarias: Temas Universais, unha obra que “combina a riqueza
da narrativa coa vangarda da tecnoloxía”, explican, engadindo que
os sete contos contidos neste libro “abordan e reinterpretan temas
eternos da literatura occidental: desde o inexorábel paso do tempo
ata as crúas emocións asociadas coa sexualidade e a infidelidade”.
Con
todo, apuntan, o que distingue esta recomplicación doutras
antoloxías son as súas ilustracións, pois estas foron creadas coa
axuda da Intelixencia Artificial xenerativa mediante o uso de
Midjourney, unha plataforma de creación de imaxes baseada en texto,
de tal forma que cada historia aparece no libro acompañada dunha
máscara deseñada por computador. En cada imaxe, o alumnado tratou
de plasmar as emocións e símbolos máis representativos da temática
do seu respectivo relato.
“Máscaras
Literarias: Temas Universais”, explica
a alumna Antía Fernández, “é máis que un mero
entretemento; é un diálogo entre palabras e imaxes, unha ponte
entre a tradición literaria e a innovación tecnolóxica”.