Europa supera a EE.UU. en vendas de videoxogos

venres, 30 de maio do 2008 Marcus Fernández

Unha investigación de Nielsen Games sitúa a Europa coma o segundo mercado dos videoxogos a nivel mundial, superando a EE.UU., pois en 2007 o sector moveu 7.300 millóns de euros na Unión Europea, superando os 6.900 millóns de EE.UU., continuando coma líder o mercado asiático (que gastou 7.400 millóns en xogos).
No estudo tamén se destaca que no caso británico a idade media do xogador é de 33 anos, que o 42% dos xogadores ten fillos e que os 81% dos pais gustan de xogar co seus cativos. Incluso entre os consultados os xogos están por diante da televisión e o cine como actividade preferida para o seu tempo de lecer.
Agardamos que este novo escenario cambie a actitude da Industria de cara ao noso mercado, pois normalmente os xogos e consolas chegan con moito retraso a Europa, e padecemos prezos moi superiores.

PUBLICIDADE