Europe Direct A Coruña achega á mocidade unha campaña contra a desinformación
martes, 27 de xuño do 2023
Europe
Direct A Coruña iniciou unha campaña de sensibilización para a
loita contra as fake news que inzan os medios dixitais e
tradicionais. A iniciativa, que pon o foco nas novas xeracións,
tamén busca formar á mocidade en alfabetización mediática e en
recursos que lles axuden a distinguir o verdadeiro do falso na nova
comunicación.
Durante
dúas semanas, o centro da Deputación da Coruña difundirá a
través do seu perfil de Instagram diverso material (información,
ferramentas) enfocado ao devandito. Un dos grandes obxectivos é
conseguir que esta formación achegue habilidades fundamentais para a
participación na vida democrática e a toma de decisións informadas
na era dixital.
En
liña cos obxectivos da Comisión Europea, que considera esta
competencia como fundamental para o futuro dixital de Europa, a
campaña incidirá tamén nas habilidades para detectar a
desinformación e difusión de noticias falsas a través de
medios dixitais.
A
través de seis publicacións, o centro trasladará a relevancia de
acceder, comprender, crear e avaliar informacións de maneira crÃtica
e dará recursos informativos e lúdicos e ferramentas da Unión
Europea para a loita contra a desinformación, tanto para público
xeral como para profesorado.
Europe
Direct A Coruña é un centro de información oficial da Comisión
Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro,
que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa
cidadanÃa, os medios de comunicación e as entidades locais cos
obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, asà como
proporcionar contidos sobre as polÃticas e as prioridades da UE.
Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das
sensibilidades locais relacionadas coas súas polÃticas e promover a
cidadanÃa europea activa nas escolas.
Para
información complementaria, as persoas interesadas poden contactar a
través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no
número de teléfono 981 080 331.