Euskaltel operará a nivel estatal baixo a marca Virgin

mércores, 12 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Euskaltel anunciou hoxe a sinatura dun acordo de licenza de marca co Grupo Virgin para a utilización da marca Virgin en España e impulsar así a súa estratexia de espallamento nacional, de xeito que a comercialización de servizos de fibra e móbil a través da rede de Orange podería realizarse baixo a marca Orange, movemento que levaba moitos meses rumoreándose, en boa medida porque Zegona é un fondo de investimento formado por un par de executivos que proveñen do grupo de cable británico Virgin. Actualmente Zegona ten o control de Euskaltel, de aí que nos últimos meses o grupo dese un cambio de rumbo que podería levar á venda da súa rede de cable.
O novo plan de Euskaltel pretende chegar ao 85% do mercado español no que actualmente non está presente, empregando unha marca recoñecible que non se confunda con marcas máis asociadas a territorios como acontece con Euskaltek, Telecable e R, que polo momento manterán as súas actividades locais.
A marca Virgin, moi asociada ao mundo musical en España, diversificouse globalmente, de xeito que tanto está presente en liñas aéreas, bebidas, ximnasios, hoteis, servizos financeiros e telecomunicacións, e a súa explotación en España por parte de Euskaltel é unha oportunidade para consolidar ao grupo do norte de España como o quinto operador do Estado.

PUBLICIDADE