Everex lanzará un portátil para competir co Asus Eee PC

mércores, 9 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Durante o CES de Las Vegas púidose ver un novo ordenador ultraportátil moi semellante ó popular Asus Eee PC tanto en prestacións coma en prezo. O novo equipo de Everex ten procesador VIA C7-M a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 30 Gb de disco duro, unha batería que lle proporciona 4 horas de autonomía, unha pantalla de 7 polgadas e unha saída DVI para conectar unha pantalla externa.
Este portátil funciona co sistema operativo Linux e se venderá a uns 399 dólares, de xeito que resulta moi atractivo para os que queren un equipo moi doado de transportar (por tamaño e peso) sacrificando para tal as elevadas prestacións coas que contan os portátiles actuais.

PUBLICIDADE