Everybody’s Gone to the Rapture destaca nos xogos de novembro de PlayStation Plus

venres, 28 de outubro do 2016 Marcus Fernández

Os subscritores de PlayStation Plus van ter un mes de novembro tan discreto como os anteriores, cunha oferta de xogos na que predominan os títulos independentes, pero con certa calidade, xa que o título estrela para PlayStation 4 será Everybody’s Gone to the Rapture, un xogo de The ChineseRoom, que está considerado por moitos como un sucesor espiritual de Dear Esther, e que está ambientado nunha pequena vila inglesa na que hai que tentar descubrir que foi dos seus habitantes desaparecidos. O outro xogo de PS4 en novembro será The Deadly Tower of the Monsters, que é un xogo pouco coñecido no que poderemos ter a experiencia de que estamos a participar nunha película clásica de ciencia ficción.
Os usuarios de PS3 recibirán un xogo bastante coñecido, DiRT 3, título de condución de Codemasters, ao que acompañará Costume Quest 2.
Para PS Vita os xogos dos que se poderá gozar serán Letter Quest Remastered (que tamén pode xogarse en PS4) e Pumped BMX+ (que tamén funciona en P$4 e PS3).

PUBLICIDADE