Evoz facilitará a monitorización de bebés a través de terminais con iOS

xoves, 22 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O 4 de outubro vai estrearse Evoz, unha interesante solución que converte os dispositivos con iOS en monitores de bebé, de xeito que pode empregarse un iPod Touch, un iPhone ou un iPad tanto como receptor e emisor de audio grazas á unha aplicación para o sistema operativo móbil de Apple, sendo tamén posible mercar un monitor hardware de Evoz (que custará uns 120 dólares) que faga de emisor.
A idea deste sistema é que o emisor conéctese á rede Wi-Fi doméstica, para transmitir os ruídos ou choros que emite un bebé para poder recibilos tanto por Wi-Fi como por 3G, evitando os problemas de alcance que teñen os monitores de bebé tradicionais.
Esta solución busca funcionar como servizo, de xeito que permite escoitar ata 30 minutos/día de balde, existindo a posibilidade de contar con escoita ilimitada dende ata 2 dispositivos con iOS por 3,99 dólares/mes. Tamén venden un paquete que inclúe o monitor hardware e 6 meses de servizo por 160 dólares (esta última opción tamén permitiría acceder a un panel para que os pais poidan ver a información sobre o sono e os choros do seu bebé).

PUBLICIDADE