ExpOtaku celebrará a súa 10ª edición os dÃas 24,25 e 26 de maio
xoves, 9 de maio do 2019
Entre os dÃas 24 e 26 de maio o recinto feiral EXPOCoruña acollerá
por décimo ano consecutivo o encontro ExpOtaku, centrado no mundo do
manga, o anime, o cosplay e outras mostras culturais alternativas entre as que ten unha importancia moi especial o
sector dos videoxogos, que contará cun amplo espazo de xogo libre (nos que
destacará un espazo temático coas novidades para Nintendo Switch) e numerosos
torneos.
Nos últimos dÃas fixeron pública a relación de expositores
que estarán presentes en ExpOtaku, asà como o completo
programa de actividades, no que podemos ver torneos de xogos para
PlayStation 4, PlayStation 3, Xbox One, Super Nintendo, Nintendo Switch,
Nintendo 3DS, PC e recreativas, competicións de Láser Tag, orbradoiros de
robótica reciclada e programación de Arduino para cosplay, un concurso de
fotografÃa móbil e sesións co youtubeiro convidado ILuTV.
Os interesados en acudir, que non queiran facer cola no despacho de billetes o
dÃa do evento, poden facerse con entradas
e bonos de xeito anticipado nos establecementos El Baúl de Fer (A Coruña) e
CeX Vigo.