ExpOtaku dá a coñecer o seu programa de actividades
mércores, 4 de maio do 2016
Entre os dÃas 20 e 22 de maio o recinto de EXPOCoruña vai acoller
unha nova edición de
ExpOtaku, un encontro que xira ao redor da cultura xaponesa, na que o
manga, a animación, a música e os videoxogos teñen un grande papel, aÃnda que
como certa sobre cultura popular tamén ábrese a moitos outros fenómenos como
Star Wars ou as figuras de LEGO, e está considerado como o encontro deste tipo
de maior éxito en toda Galicia, con asistencia masiva, especialmente na xornada
do sábado.
Nas últimas horas fixeron público o seu programa
de actividades, e queremos destacar a súa face máis tecnolóxica. AsÃ,
durante os tres dÃas que dura o certame os asistentes terán dispoñibles consolas
PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e Wii U, para poder gozar libremente de xogos
actuais, á vez que tamén contarase cunha zona retro na que poder lembrar tÃtulos clásicos para GameCube, NES,
Nintendo 64, Dreamcast, Megadrive e Super Nintendo.
Como actividades programadas, o venres 20 teriamos as seguintes:
11:00 – Iniciación ao Tekken Tag Tournament 2 (PS3)
(Legión Gamer)
12:00 – Torneo de Soul Calibur V (Xbox 360)
13:00 – Torneo de Blazblue Chrono Phantasma (PS3) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Killer Instinct 3 (Xbox One) (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de Survival Alien Isolation (PS3)
16:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 (PS3) (Legión Gamer)
17:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
18:00 – Torneo de Super Smash Bros (N3DS)
18:30 – Torneo de Mortal Kombat X (PS4) (Legión Gamer)
19:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
20:00 – Obradoiro de Smash Competitivo: Técnicas avanzadas (Wii U) (Smash
Galicia)
O sábado 21 as actividades de videoxogos serÃan:
11:00 – Obradoiro e torneo de iniciación a Pokemon
RO/ZA (N3DS) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de Street Fighter x Tekken (PS3)
13:00 – Torneo de Dragon Ball Xenoverse (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
14:30 – Torneo de Mario Kart 8 (Wii U)
15:00 – Torneo de Skullgirls (PS4) (Legión Gamer)
15:30 – Obradoiro de Smash Competitivo: Iniciación (Wii U) (Smash Galicia)
16:00 – Torneo de J-Stars Victory Vs (PS4) (Legión Gamer)
16:30 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
17:00 – Torneo de Super Smash Bros: Singles (Wii U) (Smash Galicia)
17:30 – Torneo de Injustice Gods Among Us (PS3) (Legión Gamer)
18:00 – Torneo de Naruto Shippuden (PS4)
19:00 – Torneo de Guilty Gear Xrd (PS3) (Legión Gamer)
Mentres que o domingo 22 teriamos os seguintes torneos de
videoxogos:
11:00 – Torneo de Dead or Alive 5 (PS4) (Legión Gamer)
12:00 – Torneo de My Little Pony: Fighting is Magic (PC) (Legión Gamer)
13:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
13:30 – Torneo de FIFA ’16 (PS4) (Legión Gamer)
14:00 – Torneo de Super Smash Bros. Beat the pro (Wii U) (Smash Galicia)
14:30 – Torneo de King of Fighters XIII (PS3) (Legión Gamer)
15:00 – Torneo de Super Smash Bros: Teams (Wii U) (Smash Galicia)
16:30 – Torneo de Call of Duty Black Ops 3 (PS4)
17:00 – Torneo de Street Fighter V (PS4) (Legión Gamer)
17:30 – Torneo de Pokemon RO/ZA 20 aniversario (N3DS)
18:00 – Torneo de Tekken Tag Tournament 2 – Pro (PS3) (Legión Gamer)
Paralelamente tamén haberá unha zona dedicada a League of Legends, que durante a
primeira xornada permitirá o xogo libre, para albergar un torneo de 5 contra 5
durante o sábado que celebrarÃa as súas semifinais e finais o domingo a
partires das 11:00 horas.
Aparte das actividades relativas ao mundo do videoxogos
tamén hai charlas, concursos, exposicións, acceso a unha zona comercial e moito
cosplay, convertendo este evento nunha cita obrigada para moitos mozos amantes do
manga, o anime e os fenómenos culturais asociados.