ExpOtaku reforza a presenza dos vindeoxogos independentes
venres, 30 de xaneiro do 2026
A vindeira edición de ExpOtaku na Coruña, que terá lugar os dÃas 23 e 24 de maio no recinto de EXPOCoruña, volverá pór o foco na Zona Indie Dev, un espazo xa consolidado que reunirá talento galego e estatal arredor do desenvolvemento de videoxogos independente.
Tras o éxito da edición celebrada en novembro de 2025, a organización da ExpOtaku e a Asociación Koffi Games decidiron dar un novo paso adiante, ampliando a Zona Indie Dev ata os 40 postos expositivos, dez máis ca na convocatoria anterior. O obxectivo é claro: reforzar o papel da feira como escaparate e punto de encontro para estudios e desenvolvedores independentes, ofrecéndolles visibilidade ante milleiros de asistentes e a posibilidade de recibir feedback directo do público.
A Zona Indie Dev funciona non só como espazo expositivo, senón tamén como ferramenta de mellora e maduración dos proxectos. Moitos estudio atopan alà unha oportunidade para dar a coñecer os seus xogos, establecer contacto con xogadores e profesionais do sector e fortalecer a súa presenza no ecosistema do videoxogo.
ExpOtaku e a Asociación Koffi Games colaboran desde 2021. Como principal novidade da edición de maio de 2026, a convocatoria amplÃase máis alá dos estudios de desenvolvemento, e poderán inscribirse tamén medios de comunicación especializados, publishers e centros de estudio, sempre que a súa actividade estea ligada ao desenvolvemento ou á difusión do videoxogo independente. Ademais, os medios interesados en realizar cobertura informativa poderán solicitar pases de prensa, independentemente de contar ou non cun espazo propio dentro da Zona Indie Dev.
Asà foi a pasada Zone Indie Dev dentro de ExpOtaku A Coruña
