Exploran en Ciencias da Educación da USC o uso da IA na pedagoxía

xoves, 9 de abril do 2026 S. P.

Foto da xornada achegada por Santi Alvite (USC)

A Facultade de Ciencias da Educación desenvolveu este mércores 8 de abril unha xornada baixo o título A Pedagox(IA) do futuro coa finalidade de promover a reflexión sobre o uso da intelixencia artificial na educación e a súa influencia no futuro da Pedagoxía.
A iniciativa contou coa participación de persoas expertas como Enrique Costa Montenegro, experto en intelixencia artificial e procesamento do linguaxe natural; Tina Campo Fernández, especialista na formación de intelixencia artificial; o investigador Jaime González González, que impartiu un obradoiro sobre o prompting nas aulas; o experto en robótica Francisco Javier Bellas Bouza; e María del Mar Lorenzo Moledo, decana da Facultade de Ciencias da Educación.
Ao longo da sesión, presentaron experiencias e análises sobre o emprego da intelixencia artificial nas aulas, así como propostas para a súa incorporación crítica e responsable no contexto educativo.
Así mesmo, o programa actividades incluíu mesas redondas, unha centrada no profesorado e outra no estudantado, nas que se falou das oportunidades e desafíos da intelixencia artificial na educación.