Eye, a funda para iPhone que é un teléfono Android
luns, 13 de marzo do 2017
Un novo proxecto de micromecenado chega a Kickstarter coa
posibilidade de completar o seu financiamento en poucas horas grazas ao
innovador e práctico da súa proposta, que consiste nunha funda
para iPhone que na práctica incorporarÃa un smartphone Android, aÃnda que para
que non sexa un auténtico ladrillo aproveita elementos do propio iPhone.
Eye, que asà se chama esta funda para iPhone, pretende venderse no futuro a un
prezo de 189 dólares, pero actualmente pode conseguirse por 95 dólares (110 euros
cos gastos de envÃo incluÃdos) na súa versión normal e 129 dólares (142 euros
con portes) na súa versión 4G, de xeito que está nun nivel de prezo que
claramente garante que o apoio a esta campaña de micromecenado vaia ser masivo,
de xeito que pode darse por seguro que algo despois do mes de agosto os mecenas
comecen a recibir as súas fundas se todo sae ben.
Este invento, que xa conta con prototipos funcionais (de xeito que non serÃa
fume como moitos dos proxectos que ultimamente vemos en plataformas como
Indiegogo) incorporarÃa unha pantalla AMOLED Full HD de 5 polgadas (con
funcionalidade Always On), sistema operativo Android puro (versión 7.1), procesador MediaTek Helio P20, 3 GB de RAM, 16
GB de almacenamento (ampliable mediante tarxetas microSD de até 256 GB, baterÃa
de 2.800 mAh con carga sen fÃos, espazo para dúas tarxetas SIM, infravermellos
(para funcións de mando a distancia), GPS, Bluetooth 4.2, Wi-Fi AC, NFC, radio
FM, unha etiqueta metálica para que poida colocarse no soporte no automóbil e
incluso unha toma de auricular de 3,5 milÃmetros, e como outro detalle curioso,
promete uns magnÃficos selfies (xa
que ao incorporar a súa pantalla na parte traseira do iPhone, realmente a
cámara que emprega como frontal serÃa a traseira do teléfono de Apple, polo que
poderÃa asegurarse que serÃa a mellor cámara frontal do mercado sen lugar a
dúbidas).
Este produto estará dispoñible en dous tamaños, un para iPhone 6, 6s e 7, e
outro para as súas versións Plus, prometendo que a un mes do lanzamento do novo
iPhone tamén daranlle soporte.
Como estamos ante un accesorio conectado ao iPhone, non só terá como vantaxe o
permitir gozar dun smartphone secundario con Android, senón que tamén engade
funcionalidades ao teléfono de Apple como poder facer unha copia de seguridade das
súas fotografÃas e vÃdeos a unha tarxeta microSD mediante unha aplicación, a
baterÃa da funda tamén serve para incrementar a autonomÃa do móbil, e dado que
permite empregar até dúas tarxetas SIM, ao contar tamén coa liña do propio
iPhone serÃa como contra cun teléfono con tripla SIM.
A funda non conta con micrófono nin altofalante, xa que aproveita os do propio
teléfono, pero cómpre salientar que a súa toma de auriculares non é só para a súa
parte Android, senón que tamén funcionará co iPhone para música e chamadas,
recuperando asà a posibilidade de empregar os vellos auriculares nos últimos
modelos de iPhone.
Probablemente a principal pega deste produto é que é realmente unha funda, ou
sexa, que incrementa considerablemente o tamaño e o peso do iPhone, á vez que
estraga a súa estética, pero iso tamén serve para manter protexido o terminal
(de feito, se a campaña supera os 3 millóns de dólares pretenden que a funda
sexa resistente á auga, o que serÃa todo un plus).
VÃdeo promocional da funda Eye