FADEMGA achega un curso de competencias dixitais para persoas con discapacidade

venres, 4 de agosto do 2023 S. P.

O Proxecto de Transformación Dixital para a Innovación de FADEMGA Plena Inclusión comeza a dar os seus primeiros pasos coa organización dun curso destinado á mellora das competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento. As actividades formativas levaranse a cabo ao remate do verán.
Esta formación busca capacitar ás persoas con discapacidade intelectual nas competencias recollidas no Marco Digcomp-2-2 así como mellorar a súa metacognición, autonomía e sociabilidade no eido dixital. Uns obxectivos que teñen como base a superación da fenda dixital do colectivo.
O curso contará con 6 módulos de 10 horas cada un. Cada módulo contén actividades que reforzan o aprendido así como foros para interactuar co resto das persoas participantes. Aínda que as actividades serán en liña, o alumnado contará cun titor ou titora que lles servirá de apoio en todo o proceso formativo.
FADEMGA achegou un documento PDF en lina con toda a información relativa ao curso.
O prazo para a achega de solicitudes remata o 15 de setembro.
O período de realización do curso comprenderá os meses de setembro a decembro organizadas da seguinte maneira:
- Coñecer a plataforma e o curso. Do 18 de setembro ao 24 de outubro.
- Crear cartafois en Windows, utilizar Writer.... Do 25 de setembro ao 8 de outubro.
- Traballar co navegador de Internet, usar o Google Maps... Do 9 de setembro ao 22 de outubro.
- Coñecer a identidade dixital, protexer datos e contrasinais... Do 23 de outubro ao 5 de novembro.
- Manexo de datos e das follas de cálculo. Do 6 de novembro ao 19 de novembro.
- Imaxes dixitais, dereitos de autor, elaborar presentacións.... Do 20 de novembro ao 3 de decembro.
- Proxecto final. Do 4 de decembro ao 17 de decembro.

PUBLICIDADE