FEUGA achega en outubro un curso sobre Excel avanzado e analítica de datos para controllers

luns, 9 de outubro do 2023 S. P.

FEUGA achega este outono unha nova actividade formativa moi indicada para mellorar o noso traballo en xestión empresarial e da información. O curso Excel avanzado para controllers: Analítica de datos con Power Pivot e Power Query aprenderanos a analizar datos desde múltiples ángulos, a automatizar a recompilación e limpeza da información e a xerar informes automatizados e paneis de control interactivos.
A través deste curso, explica a Fundación Empresa Universidade de Galicia, “poderemos coñecer os mecanismos máis avanzados e sofisticados para xestionar máis volume de información no menor tempo posible e poderemos tomar decisións baseadas en datos concretos, mellorando a eficiencia e a precisión do noso traballo”.
Tamén se nos proporcionarán as habilidades prácticas e o coñecemento técnico para dominar Excel a un nivel avanzado, aproveitando ao máximo as capacidades de Power Pivot e Power Query para mellorar a nosa eficacia como controller.
O curso, de 15 horas, impartirase en modalidade de vídeo-conferencia en tempo real, os días 23, 25, 27, 30 e 31 de outubro de 2023, en horario de 09.30 a 12.30 horas.
Obxectivos
-Adquirir e consolidar habilidades no uso de Excel avanzado, Power Pivot e Power Query para a xestión e análise de datos financeiros.
-Entender como as funcións avanzadas de Excel poden ser aplicadas especificamente para optimizar os procesos de control e supervisión financeira.
-Desenvolver a capacidade para xerar informes automatizados e paneis de control efectivos para supervisar indicadores clave de rendemento (KPIs) financeiros e operativos.
A actividade será impartida por Nacho Lapuente, formador especializado en novas tecnoloxías como Big Data, análises de datos, Intelixencia Artificial e Business Intelligence, entre outras, impartindo tanto en empresas privadas como en institucións educativas e en administracións públicas. Actualmente tamén é desenvolvedor de ferramentas de software a medida ERP-CRM e de ferramentas de asistencia técnica de sistemas de produción.
Titulado en Enxeñería Técnica Industrial pola Universidade de Zaragoza e Máster Microsoft en Microinformática.