FIFA 16 estrea demo para consolas domésticas
martes, 8 de setembro do 2015
O vindeiro dÃa 24 está previsto o lanzamento dun dos xogos que
ten garantido o seu éxito no último trimestre do ano, o FIFA 16 de EA
Sports, que chegarán con versións para PC, Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e
PlayStation 4, incluÃndo interesantes novidades xogables, a posibilidade de
xogar coas 12 seleccións nacionais femininas e potenciando prestacións que
conseguiron unha boa acollida en entregas anteriores como o FIFA Ultimate Team.
E para que os xogadores poidan ir facéndose unha idea do que será este novo FIFA, hoxe publican a versión de
demostración do xogo.
A demo de FIFA 16 está dispoñible
para a súa descarga
de balde en Xbox 360, Xbox
One, PlayStation
3 e PlayStation
4, incorporando as caracterÃsticas innovadoras que estrea, como a confianza
na defensa e o control no mediocampo. Podemos dar asà por inaugurada a tempada
de fútbol dixital, que en poucas semanas vai converterse nun fervedoiro de
xogadores de todo o mundo competindo por formar os mellores equipos e controlar
as novas mecánicas deste tÃtulo que mellora ano tras ano e conseguiu dominar o
seu xénero (en boa medida polo reducido investimento no seu produto competidor,
Pro Evolution Soccer, que chegará ás
tendas unha semana antes que o FIFA).
- FIFA 16 volve ás consolas presumindo, como é habitual, de licenzas orixinais e moitas caras coñecidas