FINSA busca na EPS de Enxeñaría de Lugo futuras fichaxes para o seu proxecto 4.0

mércores, 27 de xullo do 2022 S. P.

A empresa Financiera Maderera S.A. (FINSA) está a procurar reforzos para o desenvolvemento do seu proxecto de Industria 4.0 entre o alumnado e os titulados da Escola Politécnica Superi or de Enxeñaría do Campus Terra. Así quedou manifesto durante a recente visita realizada ao campus lugués por parte de responsábeis dos equipos directivos das plantas de que dispón a citada compañía nos concellos de Santiago de Compostela e Rábade. A visita focalizouse na EPS de Enxeñaría. Os responsábeis deste centro aproveitaron a visita para dar a coñecer a FINSA o novo título de Grao en Robótica.
Tamén fixeron fincapé nas múltiples sinerxías que a implantación desta titulación está a xerar con outros itinerarios formativos xa existentes, tal e como é o caso dos graos en Enxeñaría Civil, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e mesmo co grao interuniversitario en Paisaxe.
Alén de achegarse ao equipamento co que traballan alumnado e docentes da EPS de Enxeñaría, os directivos de FINSA tiveron ocasión de coñecer as posibilidades de colaboración entre o centro universitario lugués e a compañía madeireira, para a cal os futuros graduados e graduadas en Robótica poden constituír “un activo moi importante cara a o desenvolvemento de novas liñas de investigación, proxectos de innovación e mesmo en todo o relativo a mellora de procesos”, sinalou a USC.
“Os estudantes de Robótica”, explica o profesor Enrique Comesaña, “reciben unha extensa formación en temáticas como a automatización de procesos, Intelixencia Artificial e redes neuronais, tratamento de imaxe e Visión Artificial e, entre outras, deseño e control de sistemas autónomos e intelixentes”. Este tipo de competencias e habilidades, engade este docente, “son clave para os novos profesionais que traballen no desenvolvemento da Industria 4.0”.
O coordinador do Grao en Robótica na USC, Roberto Iglesias, e o subdirector de Calidade da EPS de Enxeñaría, Carlos Núñez Temes, tamén participaron, xunto con outros profesores da titulación, comoFINSA busca na EPS de Enxeñaría de Lugo futuros fichaxes para o seu proxecto 4.0
A empresa Financiera Maderera S.A. (FINSA) está a procurar reforzos para o desenvolvemento do seu proxecto de Industria 4.0 entre o alumnado e os titulados da Escola Politécnica Superi or de Enxeñaría do Campus Terra. Así quedou manifesto durante a recente visita realizada ao campus lugués por parte de responsábeis dos equipos directivos das plantas de que dispón a citada compañía nos concellos de Santiago de Compostela e Rábade. A visita focalizouse na EPS de Enxeñaría. Os responsábeis deste centro aproveitaron a visita para dar a coñecer a FINSA o novo título de Grao en Robótica.
Tamén fixeron fincapé nas múltiples sinerxías que a implantación desta titulación está a xerar con outros itinerarios formativos xa existentes, tal e como é o caso dos graos en Enxeñaría Civil, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e mesmo co grao interuniversitario en Paisaxe.
Alén de achegarse ao equipamento co que traballan alumnado e docentes da EPS de Enxeñaría, os directivos de FINSA tiveron ocasión de coñecer as posibilidades de colaboración entre o centro universitario lugués e a compañía madeireira, para a cal os futuros graduados e graduadas en Robótica poden constituír “un activo moi importante cara a o desenvolvemento de novas liñas de investigación, proxectos de innovación e mesmo en todo o relativo a mellora de procesos”, sinalou a USC.
“Os estudantes de Robótica”, explica o profesor Enrique Comesaña, “reciben unha extensa formación en temáticas como a automatización de procesos, Intelixencia Artificial e redes neuronais, tratamento de imaxe e Visión Artificial e, entre outras, deseño e control de sistemas autónomos e intelixentes”. Este tipo de competencias e habilidades, engade este docente, “son clave para os novos profesionais que traballen no desenvolvemento da Industria 4.0”.
O coordinador do Grao en Robótica na USC, Roberto Iglesias, e o subdirector de Calidade da EPS de Enxeñaría, Carlos Núñez Temes, tamén participaron, xunto con outros profesores da titulación, como Efrén Arias ou Xosé Ramón Fernández, nesta xornada de presentación da EPS de Enxeñaría á delegación empresarial de FINSA, a quinta maior empresa de Galicia e a sexta madeireira de Europa por volume de facturación. Neste intre a compañía atópase mergullada nun proxecto para a automatización e a optimización dos seus procesos, a fin de avanzar así cara a un proceso produtivo circular no que o residuo industrial se converta de novo en materia prima.
Efrén Arias ou Xosé Ramón Fernández, nesta xornada de presentación da EPS de Enxeñaría á delegación empresarial de FINSA, a quinta maior empresa de Galicia e a sexta madeireira de Europa por volume de facturación. Neste intre a compañía atópase mergullada nun proxecto para a automatización e a optimización dos seus procesos, a fin de avanzar así cara a un proceso produtivo circular no que o residuo industrial se converta de novo en materia prima.

PUBLICIDADE