FLIR ONE: un accesorio que converte o smartphone nun visor térmico
xoves, 25 de xuño do 2015
- O FLIP ONE permÃtenos ver o mundo coma un Predator
As imaxes térmicas son algo que se popularizou grazas a
pelÃculas como Predator, e aÃnda que
nese caso era un efecto especial que nada tiña que ver coa realidade, a
tecnoloxÃa que permite ver a calor
leva tempo desenvolvéndose, principalmente con usos militares, pero FLIR
Systems consegue achegalas aos teléfonos móbiles, e anuncia hoxe a nova versión
do seu sensor térmico FLIR ONE, que
xa pode mercarse por
249,99 dólares na súa versión para iPhone e polo mesmo prezo para a súa versión para Android.
Estamos ante un dispositivo de peto que podemos incorporar ao smartphone para
medir a temperatura con precisión en forma de imaxe e cunha precisión dunha
décima de grao, o que permitirá aplicacións prácticas (como detectar fugas de
calor ou auga no fogar) e mesmo de lecer (para a exploración en espazos
abertos).
AÃnda que FLIR xa tiña unha versión en forma de funda para móbil, os novos
modelos conseguen un formato máis compacto (72 x 26 x 18 milÃmetros) e lixeiro
(pesa uns 30 gramos), e incluso integra unha baterÃa de 350 mAh para que
durante o seu os o novo sensor non drene a baterÃa do noso smartphone. O sensor
integra dúas cámaras, unha que capta a imaxe térmica e outra que capta a imaxe
visible (da que extrae un esquema do que temos diante), para conseguir unha
imaxe hÃbrida máis doada de interpretar e, a través da aplicación oficial de
FLIR ONE, podemos tanto capturar imaxes como vÃdeo e medir temperaturas
puntualmente, aÃnda que as funcionalidades deste trebello aÃnda poderÃan
ampliarse máis xa que conta cun SDK para iOS e para Android facilitando o
desenvolvemento de aplicacións creativas.
A versión para dispositivos de Apple do FLIR ONE está xa dispoñible dende hoxe,
mentres que a de Android comezará a distribuÃrse ao longo do mes que vén.
- O FLIP ONE permÃtenos ver o mundo coma un Predator