Facebook abrirá unha oficina en Madrid este ano

xoves, 23 de abril do 2009

Blake Chandlee, director comercial de Facebook para Europa, Oriente Medio e África, anunciou que a súa compañía vai abrir unha oficina en Madrid durante o presente ano para poder rendibilizar os 4,3 millóns de usuarios cos que contan actualmente en España, e así poder manter unha relación comercial cos 100 primeiros anunciantes dos Estado.
O encargado de dirixir o equipo español será Diego Oliva, director comercial para o Sur de Europa.

PUBLICIDADE