Facebook confirma os seus problemas de funcionamento
martes, 22 de setembro do 2009
Durante a xornada do luns os usuarios de Facebook atoparon múltiples problemas á hora de identificarse no sistema ou actualizar o seu estado, e dende a plataforma de redes sociais recoñeceron que «algúns usuarios están experimentando erros» e aseguraron que estaban a tomar medidas para corrixilo, sen precisar se estaban a enfrontar un ataque de denegación de servizo ou se as incidencias detectadas correspondÃan a tarefas de mantemento ou outras causas.