Facebook e Instagram queren potenciar o márketing de afiliados
mércores, 25 de marzo do 2026
Meta anunciou novas ferramentas de monetización en Facebook e Instagram destinadas a reforzar o comercio social e facilitar que os creadores poidan gañar comisións a través de recomendacións de produtos. Porén, a compañÃa mantén a Unión Europea fóra da despregadura inicial, centrando a expansión en Estados Unidos, América Latina e Asia.
En Facebook, a principal novidade é o lanzamento de colaboracións afiliadas, un sistema que permite conectar contas de programas de afiliación e etiquetar produtos directamente en publicacións e Reels. O proceso elimina a dependencia de ligazóns externas e introduce un banner de afiliación destacado que leva ao usuario á páxina do produto na aplicación móbil ou web do socio comercial. As compras cualificadas xeran comisións para o creador. A función arranca con Amazon nos Estados Unidos e Shopee en varios mercados do sueste asiático e Latinoamérica, e Meta prevé sumar Mercado Libre, Temu e eBay nos vindeiros meses.
Instagram, pola súa banda, incorpora unha nova opción de Engadir produtos que permite facer Reels comprables mediante a etiquetaxe de artigos procedentes do catálogo comercial de Meta ou a inserción de enderezos URL directos, incluÃndo ligazóns de afiliación. Cada Reel pode incluÃr ata 30 produtos individuais, sempre que formen parte dun catálogo verificado. Estes contidos tamén gañan visibilidade no Partnership Ads Hub, facilitando a conexión entre marcas e creadores. A función está a chegar a Estados Unidos, Brasil, India, Indonesia e Tailandia, e estenderase aos 22 mercados de comercio de Instagram.
