Facebook informará aos 30 millóns de afectados do seu último fallo de seguridade

luns, 15 de outubro do 2018 Marcus Fernández

Hai un par de semanas Facebook recoñeceu a existencia dun fallo de seguridade que podería ter afectado a 90 millóns de usuarios, asegurando que estaban preparando unha investigación en profundidade sobre o tema, e finalmente xa se ven parte dos resultados da análise do acontecido, e nun principio o impacto tería sido menor do esperado, limitándose a 400.000 persoas.
Pero estas 400.000 persoas serían as vítimas directas, ás que teríanse roubado os token de acceso, elementos que terían facilitado o acceso indirecto aos datos de 30 millóns de persoas: 15 millóns dos que os atacantes conseguiron o número de teléfono e/ou o correo electrónico, 14 millóns dos que conseguiron máis información (nome de usuario, sexo, lingua, estado sentimental, relixión, data de nacemento, localidade ou incluso as súas 15 buscas máis recentes) e un último millón de usuarios dos que non terían collido información.
Nos vindeiros días Facebook irá avisando aos 30 millóns de usuarios afectados, explicando o acontecido e os datos aos que os intrusos tiveron acceso, para que poidan tomar precaucións en consecuencia.

PUBLICIDADE