Facebook potencia as fotografÃas 3D
mércores, 17 de abril do 2019
O pasado outono Facebook incorporou a posibilidade de
compartir fotografÃas
en 3D xeradas grazas á información de profundidade que rexistran os iPhone con
dobre cámara no seu modo retrato, e aÃnda que o efecto resulta bastante rechamante,
non conseguiu callar, polo que agora exploran novas
fórmulas para potenciar as fotografÃas 3D.
Por unha banda temos que as fotografÃas en 3D xa non quedarán limitadas á
cronoloxÃa de Facebook, senón que poderán publicarse nas historias, o que
resulta máis natural, xa que ao presentarse as imaxes a pantalla completa é
máis evidente e cómodo de visualizar o seu efecto.
Dado que en moitos casos quérense crear fotografÃas en 3D sen partir da
realidade (por exemplo, con
imaxes de cadros ou de carteis
promocionais) tamén prepararon unha ferramenta para poder cargar
fotografÃas 3D dende a web, para o que haberá que cargar unha imaxe ordinaria xunto
cunha imaxe en tons de gris que indiquen o nivel de profundidade.
Pero o anuncio que posiblemente resulte máis relevante é o de que as
fotografÃas 3D pasarán a abrirse a móbiles con Android, comezando polos
terminais da familia Galaxy de Samsung con dobre cámara, prevéndose que esta
funcionalidade vexa a luz o mes que vén.