Facebook quere que felicitemos os aniversarios en vídeo

luns, 22 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Co tempo as felicitacións de aniversario en Facebook foron perdendo pulo ante o impersoal dunha mensaxe xenérica dando os parabéns, e para recuperar o toque humano deste tipo de comunicación, e aproveitando que Facebook está a apostar polo vídeo na súa plataforma, está a comezar a incorporar unha nova funcionalidade á súa plataforma: a posibilidade de capturar unha mensaxe de vídeo de até 15 segundos felicitando a un amigo que cumpre anos.
Esta funcionalidade non só grava o vídeo coa cámara do noso dispositivo móbiles, senón que tamén permite integrarlle marcos especiais relativos á celebración. Deste xeito búscase que os parabéns sexan algo realmente persoal e único, polo que é de agardar que esteamos ante unha funcionalidade que goce de boa aceptación, especialmente en ámbitos familiares.
Confían que con esta novidade a xente volva recuperar a ilusión por felicitar os aniversarios dos amigos, á vez que os homenaxeados evitarán o tedio de ler infinidade de mensaxes iguais.

PUBLICIDADE