Facebook recupera o seu servizo de ofertas de emprego nos EE.UU.
luns, 13 de outubro do 2025
Facebook retirou en febreiro de 2023 a posibilidade de que os donos de negocios anunciasen ofertas de emprego (algo que podÃan facer dende 2017 dende EE.UU. e Canadá) e agora sorprenden co anuncio do regreso das ofertas de emprego a través dunha nova ferramenta que permitirá a mozos e adultos atopar traballos de nivel inicial e oportunidades laborais locais directamente en Facebook. As publicacións estarán dispoñibles para todos os usuarios maiores de 18 anos nos Estados Unidos e poderán consultarse en diferentes espazos da plataforma, como Marketplace, grupos e páxinas de empresas.
A nova sección, accesible dende a lapela de empregos no Marketplace, permitirá buscar ofertas filtrándoas por categorÃa, distancia ou tipo de contrato, ademais de ofrecer recomendacións personalizadas segundo o historial de navegación do usuario. Tamén se mostrarán publicacións en grupos locais centrados no emprego e nas páxinas de negocios que busquen persoal.
Facebook destaca que o seu obxectivo é «facilitar que as persoas se conecten coas pequenas empresas e coas oportunidades laborais da súa comunidade». Os candidatos poderán contactar directamente cos empregadores mediante Messenger para facer preguntas ou concertar entrevistas, e informarse sobre as empresas a través das súas páxinas oficiais.
As empresas, pola súa banda, poderán crear ofertas de emprego dende o Marketplace, dende a súa propia páxina ou mediante a Meta Business Suite, con instrucións dispoñibles nunha guÃa especÃfica. Facebook aclara que certas categorÃas de traballos non son elixibles para seren publicadas (como as relativas a servizos para adultos, que teñan relación con drogas, que sexan discriminatorios ou que sexan ilegais).
Queda agora a incógnita de se este relanzamento suporá a chegada do servizo a Europa, onde o Marketplace de Facebook ten moita forza, e a integración de ofertas de emprego poderÃa ter un impacto significativo (e posiblemente captarÃa moita atención dos reguladores da competencia).
