Facebook reforza as medidas para premiar o contido orixinal e frear as copias na súa plataforma
venres, 13 de marzo do 2026
Meta anunciou novas medidas destinadas a reforzar a presenza de contidos orixinais en Facebook e a limitar a visibilidade de publicacións copiadas ou de escaso valor creativo. A compañÃa explica que nos últimos meses intensificou as accións contra o spam e contra contas que imitan a creadores, ao tempo que revisou as súas directrices para definir con maior claridade que se considera contido orixinal.
Segundo a empresa de Mark Zuckerberg, estes cambios xa están a ter impacto na actividade da plataforma. Durante a segunda metade de 2025, tanto o número de visualizacións como o tempo de consumo de Reels orixinais en Facebook duplicáronse aproximadamente en comparación co mesmo perÃodo de 2024. Este aumento tamén se traduciu nun maior volume de ingresos para os creadores que publican material propio, ao ampliarse as oportunidades de monetización.
A compañÃa tamén afirma ter intensificado a loita contra a suplantación de identidade. Ao longo de 2025 elimináronse máis de 20 millóns de contas que imitaban a grandes creadores de contido, mentres que as denuncias relacionadas con este tipo de prácticas diminuÃron un 33 %.
Directrices máis claras sobre o contido orixinal
Facebook actualizou as súas normas para precisar que publicacións poden considerarse orixinais e, polo tanto, recibir maior visibilidade no Feed e nos Reels. A plataforma considera contido orixinal aquel gravado ou producido directamente polo creador ou polo propietario dun perfil ou páxina.
Tamén poden cualificarse como orixinais os Reels que incorporen material de terceiros sempre que o creador achegue un valor creativo significativo, por exemplo mediante análise, explicacións ou desenvolvementos narrativos novos. Pola contra, vÃdeos que se limitan a reaccionar con expresións faciais, narrar o que xa aparece en pantalla ou combinar fragmentos doutros contidos sen engadir achegas relevantes serán considerados non orixinais.
Do mesmo xeito, Facebook reducirá a difusión de publicacións que simplemente re-suban material alleo ou que introduzan modificacións mÃnimas (como engadir bordos, subtÃtulos ou alterar a velocidade dun vÃdeo). Estes contidos poderán ser penalizados nas recomendacións e, en casos reiterados, provocar que a conta deixe de ser recomendada ou perda acceso á monetización.
Os creadores que consideren incorrecta unha decisión sobre a orixinalidade dos seus contidos poderán presentar un recurso, segundo explica a compañÃa, que asegura estar a mellorar continuamente os seus sistemas de detección.
Ferramentas para protexer o traballo dos creadores
Xunto co endurecemento das normas, Facebook está a introducir novas ferramentas para facilitar a defensa da autorÃa. A plataforma lanzara xa o ano pasado unha función de protección de contidos que permite detectar automaticamente coincidencias cos Reels orixinais dun creador e tomar medidas cando aparecen copias.
Agora Meta está a probar melloras nesta ferramenta para que tamén identifique posibles casos de suplantación de identidade e permita enviar denuncias desde un único panel. A nova funcionalidade comezará a chegar progresivamente aos creadores que empregan o sistema de protección de contidos.
Con estas iniciativas, a empresa afirma querer consolidar Facebook como un espazo onde «a creatividade sexa celebrada e recompensada», reforzando a visibilidade das voces auténticas fronte ás prácticas de copia ou reutilización abusiva de contidos.
