Facebook supera a barreira dos 2.000 millóns de usuarios activos

martes, 27 de xuño do 2017 Marcus Fernández

A primeiros de ano Facebook presentou os seus resultados fiscais para o cuarto trimestre de 2016, dando conta do seu volume actual de usuarios activos e do seu ritmo de crecemento, deixando caer que a mediados de ano marcaría un fito histórico que hoxe confirmou Mark Zuckerberg: Facebook superou os 2.000 millóns de usuarios activos.
Dadas as distintas idiosincrasias internacionais (entre as que non faltan bloqueos en certos territorios) resultaba inimaxinable que unha plataforma social puidese chegar a este nivel de usuarios activos, de aí que dende Facebook o estean a celebrar cun vídeo de agradecemento aos seus usuarios (polo momento non dispoñible dende España) e tamén amosarán mensaxes de agradecemento cando as persoas realicen accións positivas como felicitar un aniversario.

PUBLICIDADE