Facebook toma medidas contra o contido roubado
martes, 15 de xullo do 2025
Facebook anunciou unha nova fase na súa estratexia para mellorar a relevancia do seu Feed e dar maior visibilidade aos creadores auténticos, reforzando a loita contra o contido lixo e centrándose na redución da distribución de contido non orixinal.
Un dos principais problemas detectados pola plataforma é a proliferación de publicacións duplicadas, especialmente vÃdeos e memes repetidos que circulan sen atribución ou valor engadido, o que consideran que desgasta a experiencia dos usuarios e dificulta que novas voces e creadores orixinais poidan destacar.
Para combater esta tendencia, Facebook aplicará novas medidas contra as contas que reincidan na reutilización inxustificada de contido alleo. Estas contas veranse penalizadas tanto na súa capacidade para monetizar como na distribución xeral dos seus contidos. Cando se detecten vÃdeos duplicados, a plataforma priorizará a versión orixinal e reducirá a visibilidade das copias. Asà mesmo, estanse probando funcionalidades que vinculen directamente os contidos duplicados coa fonte orixinal.
A compañÃa tamén lembra que os contidos orixinais creados directamente polos usuarios, sen marcas de auga de terceiros nin sinais de reciclaxe doutras plataformas, son os que reciben maior distribución. Ao mesmo tempo, anima a que, no caso de reutilizar materiais alleos, se fagan achegas creativas significativas, como narracións en voz propia, edicións elaboradas ou comentarios persoais. A simple suma de clips ou a adición dun logotipo non se consideran suficientes. Os vÃdeos moi curtos e sen valor engadido adoitan ter un menor rendemento, e tamén se recomenda evitar tÃtulos con moitas maiúsculas, ligazóns externas ou un exceso de etiquetas.
