FADEMGA segue a formar nas TIC a persoas discapacitadas

luns, 9 de novembro do 2009 Raquel Noya

FADEMGA FEAPS Galicia (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) na súa teima pola formación das persoas con discapacidade intelectual en todo tipo de materias que axuden a mellorar a súa vida cotiá (sobre todo nas TIC), vén de formar a un total de 46 persoas con discapacidade intelectual de Galicia en Internet e informática, ferramentas que melloran substancialmente a autonomía dos alumnos, así como a súa capacitación para o mercado laboral.
Esta acción formativa, que se desenvolveu do 28 ao 29 de outubro en Santiago, Ourense, Cee, Betanzos e Vigo, constou de dous cursos, un de informática básica e outro de iniciación a Internet, que se impartiron de xeito consecutivo para optimizar a comprensión de conceptos
Este cursos tiveron unha carga formativa de 12 horas cada un deles, de contido eminentemente práctico, para que os alumnos inscritos puideran traballar in situ as técnicas explicadas polos formadores.
Os principais obxectivos desta acción formativa foron, entre outros: adquirir una visión xeral sobre Internet e os ordenadores conectados á Rede; coñecer os principais servizos que ofrece Internet; aprender as operacións habituais para o manexo do navegador Internet Explorer e aproveitar as facilidades que ofrece para traballar coas páxinas Web ou elementos contidos nelas.

PUBLICIDADE