Faise entrega dunha nova edición dos Premios Stephen Hawking
martes, 8 de abril do 2025

- Gañadores das catro categorías dos Premios Stephen Hawking
O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago vén de celebrar o acto entrega dos VII Premios Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 54 proxectos asinados por 100 estudantes procedentes de 13 institutos. Marisol Soengas foi a coordinadora desta sétima edición, que se desenvolveu baixo o lema Iniciativa e superación. Este certame conta cun premio ao mellor traballo de investigación, escollido entre os primeiros premios dos catro apartados nos que se divide o Premio: Ciencias Experimentais, Humanidades, Ciencias da Saúde e Matemáticas-Ciencias da Computación.
O primeiro premio no ámbito das Matemáticas e Ciencias da Computación foi para o traballo Los Cuaterniones, realizado por Area López Mera, Tiago Barbosa Pereira e Aldo Iglesias Rodríguez do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. Coordinación polo docente Carlos Ferreiro García.
Concedéronse tamén varias mencións de honra entre as que destacamos o traballo de Óscar Hermida, Noelia Rey e Javier Serantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda coordinados por Elena Mirada e titulado Deseño, modelado e impresión 3D dun dispositivo para facilitar a accesibilidade a vehículos automotores.
Participaron nesta convocatoria un cento de estudantes dos seguintes centros galegos: IES Rosalía de Castro (Santiago), IES Xelmírez II (Santiago), IES Brión (Brión, A Coruña), IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo), IES As Mariñas (Betanzos, A Coruña), IES Eduardo Blanco Amor (Ourense), CPR Liceo La Paz (A Coruña), IES Eusebio da Guarda (A Coruña) IES Ramón María Aller (Lalín, Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda, Pontevedra) e IES As Barxas (Moaña, Pontevedra). Dende Madrid participa o IES Ramiro de Maetzu e de Soria, o IES Castilla.

- Múltiples proxectos recibiron tamén mencións de honra
