Fálame de San Sadurniño acada un premio europeo polo seu traballo a prol do envellecemento activo
venres, 25 de setembro do 2015
Finalmente o proxecto
colaborativo Fálame de San Sadurniño, unha iniciativa
desenvolvida ao abeiro da aula CeMIT local, vén de recibir un
importante recoñecemento no
certame europeo ACting, cuxa participación adiantamos
o pasado verán dende Código Cero, salientando que se trata
dunha iniciativa (ACting) para visualizar e salientar proxectos de
envellecemento activo a través das TIC. Fálame de San Sadurniño
foi seleccionado para o concurso entre unha ducia de achegas. A
final do certame vense de desenvolver en Xenebra, SuÃza. O proxecto
galego é unha actividade colaborativa na que participaron unhas 230
persoas (sobre todo persoas maiores) e que se materializou nun blog
de seu, nunha
canle de YouTube e en diferentes presenzas nas
redes sociais. O obxectivo de todo isto foi dar a coñecer perante o
mundo o dito concello galego a través de quen mellor o coñece, os
seus veciños.
Carmen Suárez,
responsábel da Aula CeMIT de San Sadurniño e principal impulsora de
Fálame..., declarou trala concesión do premio que a
preselección para a final xa fora recoñecemento máis que dabondo.
Porén, o premio rematou por converter o concello como un referente
internacional sobre como conseguir que a xente de máis idade entre
formar parte dun mundo dominado polas TIC.
ACting, como lembraremos,
iniciouse hai dous anos con financiamento comunitario e coa
participación de proxectos de catro paÃses: España, RomanÃa,
Italia e SuÃza. O obxectivo do ACTing foi o de analizar e por a
proba novos métodos de traballo no campo da inclusión tecnolóxica
das persoas maiores, nun contexto en que só o 42% da poboación
europea maior de 55 anos usa regularmente a Internet. Neste sentido,
o traballo do ACTing centrouse en ver experiencias sobre como ensinar
a usar a tecnoloxÃa pero, sobre todo, en coñecer fórmulas para que
a xente maior experimente e integre as novas ferramentas na súa vida
diaria.
Segundo lembran fontes do
Concello, o xurado reuniuse o mércores 23 en Xenebra para repasar as
candidaturas e pouco despois do mediodÃa coñeceuse o seu fallo,
dando como vencedora do concurso a Fálame de San Sadurniño.
Os puntos que se valoraron foron o do grao de innovación, a
creatividade, as tecnoloxÃas empregadas, a utilidade social, o
impacto, a metodoloxÃa e a visibilidade da iniciativa. O premio
recollérono Carmen Suárez e dúas das participantes máis veteranas
de falamedesansadurnino.org, Cruz Piñón e Consuelo Picos.