Falece Alfonso Azpiri, un dos principais creadores de portadas de videoxogos españois
venres, 18 de agosto do 2017
A finais dos anos 80 a industria española do videoxogo vivÃa
toda unha idade de ouro, con compañÃas como
Dinamic, Topo e Opera publicando xogos para os ordenadores domésticos da
época (principalmente os equipos de 8 bits ZX Spectrum, Amstrad CPC, MSX e
Commodore) e ante a reducida resolución gráfica dos ordenadores daqueles tempos
as compañÃas tiñan que apostar por impresionantes ilustracións de portada que non
só fixesen de reclamo para os consumidores, senón tamén para nutrir a súa
imaxinación con imaxes que achegasen os detalles que non se podÃan amosar no
xogo.
Temos asà como nesa época gloriosa destacaron figuras como Luis Royo, Juan
Giménez e Alfonso Azpiri, destacando especialmente este último grazas ao seu
traballo para xogos tan representativos como Army Moves, West Bank ou Abu Simbel Profanation, de aà que en 2009
editasen un libro titulado Spectrum que recolle os seus traballos para a
industria dos videoxogos, e que actualmente é toda unha xoia difÃcil de atopar
ao seu prezo orixinal de 14,95 euros, pois é toda unha peza de colección.
Por desgraza, aÃnda que a obra permaneza, non pasa o mesmo co artista, e esta tarde
deixounos Alfonso Azpiri, pasamento que está a chorar boa parte das
industrias da banda deseñada e dos videoxogos, xa que en ambos eidos deixou un
grato recordo na memoria de moitos españois, xa sexa por ter xogado a algún dos
xogos de 8 bits aos que puxo portada como por ter lido as súas historietas
(entre as que destacan os cómics infantÃs de Mot publicados inicialmente en El
Pequeño PaÃs e a serie para adultos de Lorna
y su robot) de aà que non sorprenda que Azpiri chegase a figurar como
tendencia en Twitter.

- Imaxe de Alfonso Azpiri durante unha charla que impartiu en VilagarcÃa de Arousa o ano pasado
