Falece o creador de MacPaint

luns, 9 de xuño do 2025 Marcus Fernández

Steve Jobs pousando xunto a Bill Atkinson

A pasada fin de semana o director xeral de Apple, Tim Cook, publicou as súas condolencias polo pasamento de Bill Atkinson, un visionario que tivo un grande impacto na historia da informática, que finou a semana pasada aos seus 74 anos por consecuencia dun cancro de pancreático.
Atkinson traballou en Apple entre 1978 e 1990, estando considerado como o principal deseñador e desenvolvedor da interface gráfica do Apple Lisa, así como tamén foi un dos integrantes do equipo de desenvolvemento do Apple Macintosh orixinal, así como o creador da aplicación MacPaint e o deseñador da barra de ferramentas de QuickDraw (considerada unha das claves do éxito da interface gráfica de Macintosh).
Tamén foi obra de Bill Atkinson a aplicación HyperCard, un dos primeiros sistemas de hipermedia con éxito antes da popularización da web (estando considerado como unha das fontes de inspiración tanto do hipertexto como de JavaScript).
Lembrando esta figura, John Gruber, un dos entusiastas do mundo de Apple máis recoñecido (que tanto divulga como desenvolve software), asegura que «Bill Atkinson podería ser o mellor programador informático da historia».

Bill Atkinson non deixou de ser un entusiasta da tecnoloxía en toda a súa vida, como puidemos ver o ano pasado cando probaba un visor de Apple Vision Pro