Fallout 3 estrea novo contido descargable para Xbox 360 e PC

martes, 5 de maio do 2009 Marcus Fernández

Fallout 3 non só é considerado coma o mellor xogo de 2008 por moitas publicacións especializadas, senón que tamén mantén a súa vida graza a contidos descargables con novas misións para o xogo, e tras The Pitt chega agora Broken Steel, un novo capítulo para este xogo de supervivencia nun mundo postnuclear dispoñible para Xbox 360 e PC, mentres que os usuarios da versión de PS3 teñen que quedar coas ganas.
Esta nova expansión véndese no Bazar de Xbox LIVE por 800 puntos (9,6 euros) e parece estar a funcionar axeitadamente, mentres que a versión para PC está a resultar un pesadelo, pois os usuarios que a adquiriron están a denunciar a aparición dun erro na descarga que impide gozar deste interesante contido, problema do que a xente de Bethesda (estudo detrás do xogo) culpa á plataforma Games for Windows Live, asegurando que Microsoft está a traballar na solución deste fallo na aplicación de protección DRM.

Trailer do Fallout 3: Broken Steel, que non recomendamos ver a quen non rematese o xogo orixinal, pois contén spoilers

PUBLICIDADE