Fallout terá serie de televisión en Amazon Prime Video
xoves, 2 de xullo do 2020
Os videoxogos cada vez deixan unha maior pegada na cultura
popular, e para aproveitar esta situación Amazon
Studios vén de pechar un acordo para facerse coa licenza da franquÃa Fallout
para a creación dunha serie de televisión que contará entre os seus produtores
con Jonathan Nolan e Lisa Joy de Kilter Films, responsables da serie Westworld
de HBO.
Estamos ante un anuncio que está a ter un grande impacto entre a comunidade de
xogadores de todo o mundo, que levan bastantes anos gozando do mundo de Fallout,
que basicamente trátase dunha visión distópica dos EE.UU. imaxinada cunha
estética propia de finais dos anos 40, pero ambientada nun arrepiante futuro tras
unha guerra nuclear en 2077, que deixou o planeta convertido nun ermo desolado,
contrastando asà a idea inicial de que a enerxÃa nuclear era o futuro da
humanidade coas consecuencias do seu abuso.
A nova serie de televisión aÃnda non ten unha data prevista, pero resulta
evidente que estamos ante un produto que vai ser beneficioso para as compañÃas
involucradas, xa que a ficción televisiva collerá unha base moi sólida coa que
comezar a traballar (e con millóns de seareiros repartidos por todo o mundo) e
Bethesda conseguirá que a súa marca teña unha grande visibilidade que
contribuirá a un maior éxito de futuras entregas de Fallout.