Far Cry 6 confirma a súa data de lanzamento
venres, 28 de maio do 2021
A
COVID-19 afectou seriamente ao calendario de lanzamentos do sector de
videoxogos, e o agardado Far Cry 6,
previsto para o pasado mes de febreiro, finalmente ten unha data de lanzamento
oficial: o 7 de outubro. Este xogo para Xbox One, Xbox Series X|S, PlayStation
4, PlayStation 5, PC, Stadia e incluso Amazon Luna, convÃdanos a introducirnos
na crúa experiencia dunha improvisada guerrilla moderna e derrocar a un ditador
e aos seu fillo para liberar Yara (paÃs
ficticio inspirado en Cuba).
O noso rol será o de Dani Rojas, personaxe do que poderemos elixir se é home ou
muller, e que será quen se enfronte ao ditador Antón Castillo (interpretado
polo célebre actor Giancarlo Esposito), para o que contará co grupo revolucionario
Libertad liderado pola carismática Clara GarcÃa.
GarcÃa convencerá a Rojas para unirse á resistencia, e presentaralle a todo un
mestre en desestabilizar gobernos, Juan Cortez, quen pode considerase como o
arquitecto da revolución.
Tamén xogarán un importante rol no xogo as solucións que haberá que empregar como
arma ante os recursos limitados que se teñen, como un arma chamada El
Pequeño, feita cun vello motor de motocicleta. Pezas de bicicletas,
automóbiles ou incluso reprodutores de CD servirán para crear armas que
permitan combater nesta desigual guerra.
Temos aquà unha interesante entrega desta saga, que ten a honra de ser un dos
primeiros grande xogos do ano en confirmar o seu lanzamento nestes momentos tan
complicados para os estudios de videoxogos.
- Dani Rojas é a protagonista de Far Cry 6, aÃnda que os usuarios que o prefiran poderán mudar o seu sexo polo masculino
Tráiler de Far Cry 6