Fender entra no mercado do audio persoal premium
venres, 2 de xaneiro do 2026
Fender Audio debutará estes dÃas no CES de Las Vegas coa presentación de produtos chamados a marcar a súa entrada no mercado do audio persoal premium: a serie de altofalantes portátiles ELIE e os auriculares MIX. O lanzamento supón o primeiro paso visible da marca —propiedade de Fender Musical Instruments Corporation e operada baixo licenza por Riffsound Pte. Ltd.— nun segmento orientado á portabilidade, a versatilidade e os usos cotiáns.
A gama ELIE (Extremely Loud Infinitely Expressive) chega en dous modelos, ELIE 06 e ELIE 12, e aposta por unha combinación de deseño coidado e enxeñarÃa de precisión. Os dispositivos integran subwoofers incorporados e unha implementación inédita dun sistema Waves SOC, co obxectivo de ofrecer un son potente e sen distorsións nun amplo rango dinámico. Segundo a compañÃa, esta arquitectura permite obter maior volume e claridade acústica ca outros altofalantes portátiles de tamaño e categorÃa semellantes, cunha eficiencia superior no consumo de enerxÃa.
Máis alá da reprodución musical convencional, os ELIE están concibidos como plataformas de audio flexibles, válidas tanto para o fogar como para o uso en mobilidade. Cada unidade pode xestionar ata catro canles de audio simultáneas con baixa latencia, combinando fontes sen fÃos por Bluetooth con entradas cableadas mediante conectores XLR ou jack de 1/4 de polgada, ademais de canles adicionais con accesorios compatibles da marca. Os altofalantes tamén poden emparellarse en modo estéreo ou sincronizarse en configuración multialtofalante para cubrir espazos máis amplos.
Xunto a eles, Fender Audio presentou os auriculares MIX, cun deseño totalmente modular pensado para adaptarse tanto ao son como ao estilo e aos ritmos de uso diarios. Inclúen un transmisor USB-C FWD Tx que habilita transmisión sen fÃos de alta calidade en modos sen perdas, de baixa latencia e con compatibilidade Auracast. Os MIX incorporan transdutores de grafeno de 40 milÃmetros, cancelación activa de ruÃdo hÃbrida, micrófonos dobres con redución de ruÃdo ambiental e funcionamento tanto cableado como sen fÃos, cunha autonomÃa que pode chegar ás 100 horas.
Desde Riffsound destacan que esta nova liña busca trasladar o legado sonoro de Fender a formatos persoais e portátiles. Os novos produtos poderán verse por primeira vez en CES 2026, onde Fender Audio amosa a súa proposta de ecosistema de audio persoal de nova xeración antes da súa chegada ao mercado.
VÃdeo promocional de Fender Audio
