Fernando Guldrís enxalza o esforzo das empresas galegas no camiño da dixitalización

mércores, 14 de xuño do 2023 S. P.

Este martes 14 de xuño o director do IGAPE, Fernando Guldrís, visitaba as instalacións de Lacados Digoín (polígono de San Cibrao das Viñas), empresa especializada en lacados e recubrimentos especiais que ten impulsado un sistema modulábel de tratamento e pintura co apoio do programa de dixitalizaci promovido pola Administración autonómica. Unha liña, sinalou, que busca promover a transformación industrial das pemes galegas a través de proxectos de dixitalización.
Asemade, Guldrís lembrou que está aberta o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria deste programa, que suma 5M€ de orzamento, aspirando a apoiar este ano arredor de 200 novas iniciativas. Segundo o director do IGAPE, a liña facilita a posta en marcha de sistemas de fabricación distribuída, de facturación ou de procesos entre un líder industrial cara ás empresas que conforman a súa cadea de valor; ou proxectos individuais cara á dixitalización e conectividade da peme.
Estamos perante a oitava convocatoria do programa, que xurdía en 2018, mobilizándose até o de agora preto de 3M€ na provincia de Ourense, impulsando a reactivación do tecido produtivo local a través da transformación tecnolóxica e o impulso aos procesos de dixitalización.
Engadir que o programa de dixitalización Industria 4.0 abrangue o 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionábeis para as pequenas empresas, e o 25% para as medianas, así como o 50% dos gastos en colaboracións externas en ambos os casos.

PUBLICIDADE