Filmin sobe o prezo da súa subscrición mensual
mércores, 13 de marzo do 2024
Nun momento no que a meirande parte das plataformas de streaming están a subir de prezo e introducir plans de publicidade, parecÃa que a única plataforma que se salvaba era Filmin, pero finalmente anuncian aos seus subscritores que van axustar o prezo da súa subscrición o vindeiro dÃa 28, cando pasarán a cobrar de 7,99 a 9,99 euros/mes.
Aseguran que o cambio de prezo está provocado polo incremento dos seus custos, tanto dos contidos como do resto de servizos que precisan para manter a súa oferta audiovisual en liña.
Cómpre sinalar que os clientes de Vodafone TV poden gozar de Filmin dentro do Pack Más Cine, que ten un custo de 5 euros/mes, e polo momento non está previsto que a suba de prezo de Filmin se repercuta no prezo deste paquete de Vodafone, converténdose no xeito máis económico de contratar este servizo.
Os que non sexan clientes de Vodafone TV e queiran gozar dun prezo reducido tamén poden contratar o plan anual de Filmin (por tempo limitado) a un prezo de 75 euros/ano.