Filmin sobe o prezo da subscrición anual
xoves, 18 de setembro do 2025
As subscricións a plataformas de contidos audiovisuais continúan a incrementar o seu prezo, e agora tócalle a Filmin sumarse á tendencia, incrementando o prezo do seu plan anual de 84 a 99 euros, movemento na liña do realizado o ano pasado, cando o seu plan mensual pasou de 7,99 a 9,99 euros/mes.
Cómpre salientar que os usuarios que estea subscritos actualmente ao plan anual de Filmin manterán o vello prezo sempre que manteñan a subscrición activa. Tamén podemos lembrar que Filmin é unha das plataformas integrada na oferta audiovisual de Vodafone a un prezo reducido, polo que é posible contratar Vodafone TV xunto con Filmin por só 5 euros/mes, o que serÃa o xeito máis económico de contratar o servizo de vÃdeo baixo demanda.
Tamén é salientable a colaboración entre a plataforma de contidos sonoros Podimo con Filmin, pois aÃnda que Podimo teña un prezo mensual de 4,99 euros, de contratarse conxuntamente con Filmin o prezo mensual só se incrementarÃa nun euro.
