Filtran as especificacións do HP Slate
martes, 6 de abril do 2010- Comparación das especificacións do HP Slate e do iPad
A primeiros de
ano o propio Steve
Ballmer presentou publicamente un prototipo do tablet HP Slate, pero sen detallar as súas
caracterÃsticas técnicas, de xeito que o único que sabiamos deste interesante
dispositivo é que funcionarÃa co sistema operativo Windows 7 Home Premium, pero
dende
Engadget publicaron un documento interno de HP que compararÃa o trebello co
iPad, o que servirÃa para constatar as prestacións do HP Slate, que
serÃan as seguintes: pantalla multi-táctil de 8,9 polgadas cunha resolución de
1.024 x 600 pÃxeles, procesador Intel Atom Z530 a 1,6 GHz, tarxeta gráfica
Intel UMA con soporte de vÃdeo a 1.080p, 1 Gb de RAM, Wi-Fi, Bluetooth, opcións
para 3G, WWAN e GPS, USB 2.0, lector de tarxetas SD/SDHC/SDXC de ata 128 Gb,
toma para auriculares estándar, baterÃa cunha autonomÃa de ata máis de 5 horas,
webcam frontal (VGA), cámara de 3 MpÃxeles e un prezo de 549 dólares cunha
unidade interna de 32 Gb e de 599 dólares con 64 Gb.
En vista destas caracterÃsticas non estariamos ante un produto que destacase
especialmente ao comparalo co seu principal competidor, agás polo seu
rendemento e polo feito de que poderÃa funcionar coma un ordenador completo,
polo que serÃa razoable pensar que estamos ante dispositivos moi distintos,
aÃnda que cunha aparencia externa semellante.