Filtran as especificacións do que poderÃa ser o primeiro tablet con Windows 8 de Lenovo
mércores, 1 de agosto do 2012
A poucas semanas para o lanzamento de Windows 8 aÃnda
coñecemos poucos dispositivos que vaian chegar ao mercado con tal sistema
operativo agás o Surface de Microsoft, pero agora sabemos un pouco mellor por
onde irán os tiros grazas á filtración
do que serÃa o primeiro tablet ThinkPad de Lenovo, que chegarÃa cunha
pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles,
procesador dual Atom, 2 Gb de RAM, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, altofalantes
estéreo, micrófono con cancelación de ruÃdo, mini HDMI, lector de pegadas
dixitais, microSD, conectividade USB 2.0, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS e a
opción de contar con conectividade HSPA+.
MedirÃa 262,6 x 164 x 9,8 milÃmetros e pesarÃa 650 gramos. A súa baterÃa de 30
Whr poderÃa achegarlle unha autonomÃa de ata 10 horas, polo que estariamos ante
un dispositivo comparable co iPad en moitos aspectos, quedando principalmente
por debaixo no que a pantalla se refire.
- Táboa comparativa de distintos elementos do tablet de Lenovo cos do novo iPad