Filtran datos persoais de máis de 200 millóns de usuarios de X
martes, 1 de abril do 2025
O equipo de seguridade informática de SafetyDetectives desvelou unha filtración de máis de 200 millóns de rexistros con datos persoais que parece responder a usuarios de X. Tal información atopouse nun foro, onde o autor da publicación asegura ter subtraÃdo 400 GB de datos de usuarios de X e tras procurar contactar con X de moitos xeitos sen resposta, optou por facer público o fallo de seguridade.
TratarÃase de datos filtrados en xaneiro de 2023, e tras o seu procesado, terÃase transformado nun documento de 34 GB con 201.186.753 rexistros de usuarios de X que incluirÃan o seu identificador interno, o nome de usuario, o nome da persoa, a localización e outros datos públicos, aÃnda que o preocupante é que tamén detallarÃa o enderezo de correo electrónico, expondo aos usuarios a ameazas de distinto tipo (como o roubo de identidade ou a exposición a intentos de calote).
AÃnda que a filtración non semella importante, o que resulta preocupante é a pouca preocupación que estarÃan a amosar dende X no que a seguridade se refire, por nin sequera atender a avisos sobre un fallo de seguridade que permite extraer datos persoais dos usuarios.